Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O Museo Universitario A Domus do Mitreo amplía a súa área expositiva, cuxa fase de renovación se prolongará ata mediados de xuño, coa mostra de ósos e restos faunísticos do ‘banquete mitraico’, tal e como se denomina o momento da celebración máis importante da liturxia relixiosa do Deus Mitra e durante o que as persoas que estaban a render culto comían.
  • A maior satisfacción dunha universidade é ver como as persoas que nela se forman contribúen ao desenvolvemento da sociedade en calquera dos seus ámbitos. Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora, editora, narradora e profesora; feminista e reivindicativa; urbana e transgresora... e tamén alumna de Filoloxía Hispánica durante varios anos na Universidade de Vigo.
  • Entre xaneiro de 2015 e xuño de 2020, Xosé Luis Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo 261 textos xornalísticos acubillados na sección No Fondo dos Espellos. Estes escritos efémeros agora están dispoñibles para o público xeral nun libro editado pola Universidade de Vigo. Este volume constitúe un xeito de homenaxear ao escritor e doutor Honoris Causa pola UVigo e de compilar todos estes contidos que publicou cada sábado durante eses cinco anos e medio no xornal vigués.
  • O Espazo de Cine da Área de Cultura da USC impulsa a creatividade audiovisual da mocidade a través da convocatoria da sexta edición do maratón ‘Findecurta’, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, que se desenvolverá do 4 ao 8 de xuño de 2021. O certame propiamente dito comezará o 4 de xuño cunha sesión informativa que se desenvolverá de xeito telemático, a través da plataforma Zoom.
  • A península ibérica será no futuro un territorio cada vez máis tórrido. Así se desprende dun estudo sobre proxeccións climáticas realizado por investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela que prevé un aumento da intensidade das ondas de calor do 104% para o futuro próximo (2021-2050) en todo territorio peninsular.
  • 'Xela Arias: unha voz transgresora, insubmisa, desconforme, defensora radical da independencia. Dende o non privilexio, cuestionou a orde, fuxiu do establecido, interrogou, afastouse do esperado. Poeta fóra das convencións, desobediente, Xela escribiu e viviu por elección'. Con esta apelación preséntase o volume Xela Arias. A literatura e a vida, por elección co que a USC se suma á conmemoración do Día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias.
  • Nun contexto no que moitas axencias espaciais pensan na posibilidade de realizar viaxes a Marte, unha vintena de estudantes de catro enxeñarías dos campus de Ourense e Vigo puxo en marcha UVigo SpaceLab, un equipo multidisciplinar dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais no eido da educación.
  • Os profesionais da xestión cultural fían a cumprimento das boas prácticas a futura celebración de eventos e espectáculos culturais, tal e como se recolle no manual elaborado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) xunto coa Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, que o vindeiro curso ofertará o título de grao en Xestión Cultural.
  • Trinta e catro palabras foron dabondo para que Álex Gallego Couñago (2010), alumno do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, se fixese co primeiro premio da categoría infantil do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal. A súa historia, titulada 'Saíndo do túnel', foi a mellor valorada entre os máis de 300 contos presentados por nenos e nenas de ata 11 anos.
  • O Campus de Lugo da USC apadriña o núcleo tecnolóxico para a sustentabilidade agroalimentaria no norte de Portugal (Nutrir), unha iniciativa impulsada en Melgaço baixo o asesoramento científico do Instituto Politécnico de Viana de Castelo (IPVC) co obxectivo de avanzar na caracterización territorial e na avaliación das potencialidades e condicionantes das principais actividades agrícolas desta rexión do norte de Portugal.