Notas
-
O excelente entendemento entre a USC e a Deputación tivo como novo episodio a celebración do Obradoiro Valgada do Campus, impulsado de forma conxunta co obxectivo de explorar posibles intervencións orientadas á posta en valor da área verde arredor da que se estende a sede universitaria luguesa e á optimización dos usos do seu anfiteatro. -
O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galegas. Estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nen@s de 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas como laboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0. -
O U-Ránking elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas volve situar a USC, na súa edición correspondente a 2021, no quinto chanzo dunha clasificación composta por doce niveis. Esta edición analiza un total de 72 universidades cubrindo o 98% do Sistema Universitario Español, en termos de número de estudantes de grao, e examina máis de 3.400 graos e dobres graos. -
Durante a última semana esta iniciaitva, que busca achegar a ciencia e a tecnoloxía ao rural e semirrural galego, visitou Bertamiráns, Portosín, Outes e Milladoiro. Alí realizaron numerosos talleres gratuítos sobre impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica ou realidade aumentada, mesturando estas tecnoloxías coa cultura propia do lugar e a súa relación co Camiño de Santiago. -
A rápida propagación da variante do SARS- CoV-2, 20E (EU1), xurdida en España a comezos do verán de 2020, motivada polas viaxes de vacacións, e estendida rapidamente por Europa, subliña a importancia dun esforzo de secuenciación xenómica coordinado e sistematizado para detectar, rastrexar e analizar variantes emerxentes da COVID-19. -
Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti". -
'Os Camiños de América' é o lema baixo o cal se desenvolve na USC o XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas. Entre o 14 e o 16 de xuño, celebraranse 32 simposios temáticos que abranguen diferentes aspectos e épocas da historia de América, prestando especial atención ás relacións específicas con Galicia. -
O turismo sostible nos espazos naturais protexidos da provincia de Ourense; a potenciación do interese turístico do Complexo Arqueolóxico e Termal de Aquis Querquennis; o fracaso escolar en matemáticas; a calidade do sector hoteleiro ourensán e a circularidade das actividades económicas da provincia. Estas son as temáticas dos cinco proxectos recollidos na publicación 'Proxectos INOU 2019. Investigación aplicada na provincia de Ourense'. -
O Atlas de Covas e Canóns de Galicia conta na actualidade con máis de medio milleiro de recursos: 492 covas e 21 canóns que representan 40 quilómetros topografiados e 1.102 metros de profundidade. Reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva. -
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »

