Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Diminuír o impacto ambiental e facer máis sustentable a mobilidade urbana constitúe un dos grandes retos da sociedade actual e require do deseño de sistemas intelixentes de transporte como o que desenvolven investigadores da USC, UVigo, UDC e da Universidade Carlos III de Madrid. O proxecto ‘MaGIST’ procura un sistema intelixente de transporte urbano que permita a incorporación continua de datos e conte con procesos de aprendizaxe automática.
  • O presidente da Xunta, na rolda de prensa posterior ao Consello, avanzou a aprobación do decreto polo que se fixan os prezos públicos dos servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso 21/22, de xeito que os estudantes seguirán pagando pola súa matricula o mesmo que hai 11 anos. Indicou que suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias, precisando que Galicia volve situarse entre as comunidades máis baratas do Estado para cursar un grao ou máster universitario.
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañou este xoves á primeira quenda de rapaces ao campamento xuvenil da Illa de Ons, onde desfrutarán de oito días de actividades e convivencia. A Xunta ven de iniciar a campaña estival 2021 que, a través de campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado ofrecen ás mozas e mozos "un verán para recordar".
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou os preparativos da campaña de verán no albergue xuvenil Marina Española, onde van comezar a chegar os primeiros participantes. Durante a visita anunciou que a Xunta reforzará o protocolo de seguridade xa aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu a reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que se avanzaron as liñas centrais do II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.
  • A Xunta de Galicia vén de resolver a primeira convocatoria para impulsar a creación de Aulas de emprendemento nos centros que imparten ensinanzas de FP. En total serán 22 os centros galegos que incorporen o vindeiro curso actividades de emprendemento, que teñen como obxectivo seguir avanzando na calidade da formación que se ofrece na FP galega a través da iniciativa emprendedora do alumnado.
  • A Xunta abre a convocatoria para o 21-22, con accións enfocadas á mellora da calidade a través de actuacións no eido da igualdade e a coeducación, a competencia dixital, a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica
  • Un ano máis, e van 26, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense volve a levantar o pano. Do 1 ao 15 de xullo diferentes escenarios da cidade das Burgas acollerán 24 representacións de compañías de cinco países e de diferentes puntos da xeografía estatal. Con prudencia pero dando pasos cara a “normalidade”, a cita márcase como obxectivo comezar a devolver a maxia do teatro ao público.
  • O festival de artes escénicas USCénica 2021 bota a andar este martes 22 de xuño e estenderase ata o vindeiro día 10 de xullo. O encontro co artista de vídeo, intérprete e director de escena Rodrigo García, ás 20.00 horas deste martes, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, servirá de apertura para este festival de artes escénicas que chega á súa segunda edición. Ás 22.00 horas, será a quenda do pianista vigués Yago Vázquez Trío que actuará na terraza do Auditorio da Universidade.
  • En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais responsables, moi motivados e comprometidos coa consecución de resultados. Así se amosa no último Barómetro de Empregabilidade da Universidade de Vigo, un estudo editado polo Consello Social no que se reflexiona sobre as competencias que máis demandan os empregadores tras o xurdimento da pandemia e no que se analiza en detalle como modificou a crise sanitaria a actitude do empresariado á hora de seleccionar o seu persoal.