Notas
-
A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas asinaron este martes en Santiago de Compostela un acordo polo que as titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial serán interuniversitarias, por considerar “importante garantir o equilibrio territorial que facilite o acceso máis xeneralizado posible a este tipo de estudos tendo en contra a súa influencia económica e social nos vindeiros anos”, tal e como recolle o documento. -
Os investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato, integráronse recentemente no consorcio internacional que contribúe ao desenvolvemento da misión EUCLID da Axencia Espacial Europea (ESA). Trátase dunha ambiciosa misión que ten o obxectivo de investigar a orixe do universo, a historia da súa expansión e o crecemento das estruturas cósmicas durante os últimos 10.000 millóns de anos. -
A abordaxe da cidade de Santiago de Compostela dende múltiples ópticas é o eixo que vertebra os dous libros que a Rede Galabra presentou este martes no Colexio San Xerome. O reitor Antonio López acompañou ao director da Rede e decano da Facultade de Filoloxía, Elias J. Torres Feijó, así como á integrante de Galabra, Marisa del Río, na presentación destes dous volumes titulados 'A cidade, o camiño e nós' e 'Visitar, comerciar e habitar a cidade', que pretenden reflectir como somos, como nos vemos, e como nos ven. -
A partir dun traballo de dramaturxia das páxinas 52 a 88 do texto A casa da forza da escritora, actriz e directora de escena Angélica Liddell, a compañía da Aula de Teatro da USC encargarase de subir o pano da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021. A representación terá lugar este luns no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e servirá de colofón ao trinta aniversario desta compañía teatral. O martes 4 será a quenda da compañía da Aula de Teatro do Campus de Lugo. -
O colexio Paradai de Lugo acolleu a primeira parada dos obradoiros de divulgación científica organizados polo grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia ao abeiro do proxecto 'Ciencia no Camiño'. Con esta iniciativa, o equipo que coordina a profesora Mercedes Novo desenvolverá actividades formativas fundamentadas en propostas para o coñecemento da contorna e o desenvolvemento do territorio -
Despois do éxito da primeira representación, a XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, regresou este mércores ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa obra A casa da forza 2, 52-88, un texto baseado nunha creación literaria da dramaturga catalá Angélica Liddell, premiada na Bienal de Teatro de Venecia no ano 2012. -
O Pacto Verde da Unión Europea (UE), tamén denominado Green Deal, folla de ruta coa que Europa quere loitar contra o cambio climático, contempla, entre as súas accións, a plantación de 3.000 millóns de árbores ata o ano 2030. Científicos da USC acaban de advertir, a través dun artigo publicado na revista Global Change Biology, de que a reforestación masiva pode supoñer “un arma de dobre fío” e reivindican a necesidade de planificar ben este proceso. -
Interdisciplinario, multicultural e transnacional. Estas son as características do proxecto Narrativas das novas diásporas que analizará, durante dous anos, a literatura de fronteiras do século XXI, desde unha perspectiva innovadora, ao centrarse en dous aspectos fundamentais, que facilitan un labor comparativista: as zonas de conflito e as zonas de confort. -
Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas traballan conxuntamente na organización da Xornada Universitaria Galega en Xénero, un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero. A sétima edición, que se celebrará entre os días 10 e 11 de xuño de xeito virtual, centrarase en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria -
Desde hai preto de vinte anos, profesores e profesoras de creatividade publicitaria de diferentes universidades españolas reúnense cada dous anos nun simposio dirixido a pór en común diferentes experiencias e estratexias docentes. Na última edición deste encontro, que tivo lugar en 2018 en Valencia, decidiron dar un paso adiante e sumar a este encontro un congreso que achegase as diferentes temáticas obxecto de análise a estudantes ou investigadores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- …
- seguinte ›
- última »

