Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Tras un ano de parón pola pandemia, as tres universidades galegas retoman dende hoxe a Xornada Universitaria Galega en Xénero, un cita que naceu en 2013 como un punto de encontro e reflexión anual para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero, “un evento único no estado español e unha fortaleza para a sociedade galega”, como recalcan as súas organizadoras, as unidades de igualdade da UVigo, a USC e a UdC.
  • A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2022 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de máis de 1.600 institucións pertencentes a 99 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 53 institucións españolas.
  • Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
  • Na mañá deste xoves 10 de xuño, poderá contemplarse unha eclipse parcial de Sol de baixa magnitude. Trátase dunha eclipse anelar xa que a Lúa estará próxima á súa posición mais afastada da Terra (apoxeo) e non será quen de tapar completamente o Sol. Ao tratarse dunha eclipse anelar, vaise ver só nunha banda de territorio que vai dende Canadá, pasando por Grenlandia, o Mar Ártico e o estremo oriental de Siberia.
  • Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
  • Formar o alumnado universitario en como se crea unha empresa como alternativa de saída ao mercado laboral é a meta que persegue este Campus, iniciativa das vicerreitorías de Investigación e Innovación, Igualdade, Cultura e Servizos, que quere fomentar o espírito emprendedor entre a comunidade universitaria, alén de achegar a realidade empresarial e incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes.
  • Síntese de novos fármacos, deseño de sensores para a detección de enfermidades, nanomateriais para o tratamento de doenzas, estudos bioestadísticos… Estes son algunhas das principais temáticas que se van tratar na 4º edición do Annual Meeting do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio.
  • Como promover unha transición cara unha economía circular que, ademais de contribuír a conservación dos ecosistemas, sexa tamén socialmente xusta? Esta é a pregunta á que, ao longo dos próximos tres anos, buscará dar resposta o proxecto 'JUST2CE. A just transition of circular economy', financiado con 3,6 millóns de euros polo programa comunitario H2020 e liderado polo investigador Mario Pansera.
  • O concello de Ortigueira centrará por segundo ano consecutivo nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 24 de xullo.
  • A exposición 'Dez anos en Daca' é o resultado da curiosidade de Santiago Fernández Mosquera por coñecer o país que acolle, dende hai dez anos, o proxecto da Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Daca, da que é na actualidade director. As imaxes expostas no Claustro Alto de Fonseca non pretenden ser unha visión xeral de Bangladesh, senón unha mostra concreta das súas xentes, os estudantes da súa universidade, algúns oficios e paisaxes afastados da cidade e, en xeral, o ambiente dun lugar ateigado de vida.