Notas
-
O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, acada en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xóvenes talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú. -
Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. A mostra ‘Camiño’, que a partir do venres 26 de marzo e ata o 21 de maio poderá visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, achega parte da procura íntima do eu integrado na natureza. Nado en Neyagawa, o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. -
O experimento Large Hadron Collider beauty (LHCb) do CERN, no que participan investigadores da USC a través do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), acaba de anunciar novos resultados que, de confirmarse, suxerirían indicios dunha violación do Modelo Estándar de física de partículas. Este Modelo predí que as desintegracións que involucran diferentes sabores de leptóns, deberían ocorrer coa mesma probabilidade. -
Coñecer a percepción que os nenos e nenas de primaria teñen das matemáticas, tendo en conta o nesgo de xénero existente nunha disciplina na que o número de investigadores é moi superior ao de investigadoras, era o cometido central do estudo que o grupo de innovación docente MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas) desenvolveu no marco da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. -
O grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, coordinado pola catedrática María Rosa Mosquera Losada, lidera en España o proxecto europeo a prol da transición agroecolóxica AE4EU, un programa internacional coordinado polo Instituto Superior de Agricultura Rhône-Alpes que conta con preto de dous millóns de euros de financiamento achegados de fondos europeos. -
Tras celebrarse en Valencia, Cartaxena ou Alacante, o congreso 'Students, Women in engineering & Young Professionals' chega á Universidade de Vigo da man da rama de estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE). Por primeira vez o evento celebrarase en formato en liña, unha circunstancia que xa se está a notar no número de inscricións que a día de hoxe se elevan a 120, superior ao número de asistentes que ten un SWYP presencial que ronda os 70 estudantes. -
Desde este luns e ata o 21 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Ocupar un corpo, da artista Deebo Barreiro e o comisario Vítor Nieves. Nela, esta egresada da Universidade de Vigo xoga coa fotografía, os espazos e a tecnoloxía para visibilizar e achegar ao público “as identidades de xénero que están máis fóra da normatividade”, do binarismo home-muller, como as persoas bixénero, axénero ou transxénero sen hormonar. -
O grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia impartirá varios obradoiros en centros educativos de ensino primario e secundario no marco do proxecto 'Ciencia no Camiño', unha iniciativa que procura a promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago. -
A Universidade de Vigo vén de participar nun estudo internacional no que se relaciona o aumento do pole no aire e os contaxios por covid-19, un estudo 'sen precedentes' no seu eido no que participaron máis de 150 investigadores e investigadoras internacionais e 130 estacións de mostraxe de pole de 31 países dos cinco continentes. -
O Grupo Compostela de Universidades promove un observatorio de expertos sobre o patrimonio do Camiño
A iniciativa ‘CamiñoLab. Laboratorio do patrimonio cultural do Camiño de Santiago’, impulsada polo Grupo Compostela de Universidades (GCU) liderado pola USC xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, promove a creación dun observatorio de académicos internacionais focalizado no patrimonio deste itinerario cultural.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- …
- seguinte ›
- última »

