Notas
-
O proxecto Geo4radón rematou case tres anos de traballo coa presentación esta semana do prototipo final dun sistema de aproveitamento de enerxía xeotérmica. A súa principal innovación é que integra nun único dispositivo diferentes tipos de enerxías renovables, en concreto, enerxía aerotérmica e solar térmica. -
O centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán permitirá profundar dende novas perspectivas na súa figura e obra. A USC, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega reunirán a finais do mes de outubro na Coruña e Santiago unha representación de voces expertas na autora no congreso internacional 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois'. -
A Cidade da Cultura programa o sábado 20 o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto por contos tradicionais galegos e portugueses. Esta sesión de contacontos, especialmente dirixida á cativada de entre 4 e 11 anos, contará con entrada de balde e poderá seguirse en directo por streaming. -
O profesor da USC Jesús López Romalde, dende o Centro Singular CRETUS, leva meses profundando na vixilancia do SARS-CoV-2 en augas residuais como ferramenta para a predición e control da diseminación da pandemia entre a poboación. Nos vindeiros meses estas análises terán unha gran relevancia para coñecer como está a repercutir a vacinación na evolución da pandemia, porque aínda se descoñece se as persoas vacinadas transmiten a enfermidade. -
Un equipo liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, conseguiu xerar raios X mediante unha nova tecnoloxía de aceleración de electróns usando pulsos láser ultracurtos. Esta é a primeira vez que o equipo produce raios X con pulsos láser de forma estable durante longos períodos de tempo, obtendo as primeiras imaxes con esta nova fonte de raios X. -
O 40% da poboación mundial vive a menos de 100 kilómetros da costa. Partindo deste dato, o grupo de traballo sobre resiliencia e servizos dos ecosistemas mariños pertencente ao International Council for the Exploration of the Sea (ICES) está a impulsar unha investigación, coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, coa que medir o impacto que a COVID-19 está a causar no benestar da poboación das zonas costeiras. -
O ensino multigrao agrupa alumnado de distintas idades no mesmo espazo educativo, configurando un escenario de aprendizaxe “altamente enriquecido e estimulante” para alumnado e profesorado. Esta é a premisa sobre a que se asenta a estratexia para a modernización do ensino na que está a traballar o grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa (Tecnoeduc) da USC. -
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do programa Tecnólogo por un día, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent. Como en edicións anteriores, cóntase coa colaboración de empresas do sector TIC galego que acompañarán aos participantes nas distintas sesións online. -
Os incendios de 2017 como os de Chandebrito e Pedrógão Grande puxeron o foco de atención na importancia que ten para a prevención dos lumes o estado da masa forestal que hai arredor de vías de comunicación e poboacións. Ao ano seguinte, en 2018, catro empresas, dous grupos de investigación da Universidade de Vigo e un centro de investigación puxeron en marcha o proxecto Topacio. -
Desenvolver, tomando como punto de partida os múltiples datos xerados no sistema de saúde ao longo da crise da covid-19, unha ferramenta de simulación para a toma de decisións na xestión sanitaria dunha pandemia. Este é o obxectivo principal de Practicum Direct, un proxecto do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, que reúne no seu equipo de traballo a profesionais sanitarios e expertos de diferentes áreas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- …
- seguinte ›
- última »

