Notas
-
Preto de 150 fotografías que José Suárez realizou ao longo de máis de catro décadas, tanto en Galicia como en diferentes puntos de Europa, Arxentina e Xapón, reúnense na exposición antolóxica que o Museo de Pontevedra dedica a este fotógrafo natural de Allariz. O profesor da UVigo Manuel Sendón é, xunto a Xosé Luis Suárez Canal, o comisario dunha mostra que se insire no traballo que desde hai décadas veñen desenvolvendo -
A catedrática da USC Mª José Alonso traballa dende o inicio da pandemia, no desenvolvemento dunha vacina innovadora contra o SARS-CoV-2 baseada na tecnoloxía do ARN mensaxeiro. Este é un dos dez proxectos que o Instituto de Salud Carlos III financia en España para obter unha vacina fronte á pandemia do coronavirus. A vacina está en fase de avaliación clínica, e os ensaios con animais dirán se a resposta é potente. -
'Twitter revélase como un territorio hostil para as mulleres, con especial incidencia naqueles ámbitos de maior proxección pública, como a política e a comunicación, que cumpren unha función esencial nas sociedades democráticas'. Esta é unha das principais conclusións do proxecto 'Mulleres pontevedresas na rede. Análise do sexismo, misoxinia e discurso do odio en Twitter', que Xabier Martínez Rolán e Teresa Piñeiro levaron a cabo. -
Os científicos da USC José Tubío e Martín Santamarina tomaron parte na secuenciación de 64 xenomas humanos a unha resolución sen precedentes. O traballo, que acaba de publicarse na revista Science, abre o camiño á seguinte xeración de estudos sobre variación xenética e constitúe un importante paso ao revelar a cara oculta do xenoma e ampliar o coñecemento sobre a diversidade xenética antes oculta no ADN das poboacións humanas. -
O 28 de febreiro cúmprense 40 anos do pasamento de Álvaro Cunqueiro, “o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX”, segundo Xosé Henrique Costas González, catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, cuxa Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor. Se ben, o narrador, poeta e xornalista finou hai catro décadas, o traballo de persoas que estudan a súa obra, segue a dar froitos. -
Un equipo internacional de científicos, liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, xunto con investigadores da Universidade de Aveiro, mostra que a colisión de buracos negros máis masiva xamais observada, que produciu a onda gravitacional GW190521, podería ser o resultado da fusión de dúas estrelas de bosóns. -
Meses antes de que se producise a chegada do rover Perseverance a Marte, a Axencia Espacial Europea (ESA) xa evidenciara o seu interese en emprender un proxecto que, de levarse a cabo, volvería situar o foco de atención na Lúa. Co obxectivo de levar a cabo unha misión de exploración das covas do satélite terrestre, a ESA lanzou a mediados de 2019 un chamamento para a presentación de proxectos. -
Analizar, poñendo o foco no cómic xaponés, que transformacións formais, estéticas e narrativas xerou na banda deseñada a súa convivencia ao longo das dúas últimas décadas co cómic dixital. Este é un dos obxectivos do proxecto Estudos transdisciplinares sobre cómic, do grupo de investigación dx5 (digital & art graphic research), que busca definir as características do que definen como “manga posdixital”. -
O Concello de Begonte vén de recabar o apoio da Xunta de Galicia co CEIP de Begonte a través dun investimento de 600.000 € para a mellora das súas instalacións educativas. O goberno begontino amosa a súa satisfacción por esta importante inxección económica que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ao alcalde, José Ulla Rocha, no decurso dunha xuntanza en Santiago. -
Cos obxectivos de que a xente nova fale máis galego e perfeccione o seu uso tanto dentro como fóra das aulas, a Xunta de Galicia pon en marcha desde hoxe a terceira edición do programa de dinamización lingüística 21 Días co Galego e +, que conta coa participación dun total de 3738 persoas (alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos) de dez centros.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- …
- seguinte ›
- última »

