Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • A Rede de Técnicos de Inserción Laboral deLugo (TIL), constituída como un foro de encontro, discusión e traballo, no que participa a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral, xunto con outras dezaseis entidades que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, pon o foco sobre os “dramas” que está a provocar a pandemia causada pola COVID-19 na situación sociolaboral dos colectivos máis vulnerables da sociedade.
  • Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) acaban de demostrar a formación de novas estruturas supramoleculares en disolucións acuosas, o que abre a porta a un novo tipo de líquidos con novas propiedades fisicoquímicas. O traballo froito da colaboración entre diferentes grupos de investigación do centro, publicouse na revista Angewandte Chemie.
  • Transcorridos catro meses desde o seu inicio, un período centrado na posta a punto e optimización dos protocolos de secuenciación do xenoma completo do SARS-CoV-2 e na recollida de máis de 2300 mostras de ARN do virus de toda Galicia, o proxecto Epicovigal entra na súa segunda fase, a de traballar no seu obxectivo principal, que é a monitoraxe xenómica en tempo real da pandemia en Galicia, “o que permitirá entender que está a pasar”, explica o catedrático da UVigo e coordinador do proxecto, David Posada.
  • 'A recuperación económica ten que ser dixital', así o afirmou a secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, no transcurso dun acto que serviu para presentar a Nova Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA). A presentación, conducida dende o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), permitiu debullar os detalles desta folla de ruta.
  • Un dos proxectos de investigación que está a recibir financiamento do programa de micromecenado da USC ‘Sumo Valor’ é o liderado polo físico Jorge Mira, un dos poucos beneficiados en Galicia polo Fondo COVID-19 do Instituto de Salud Carlos III. O seu grupo está a traballar na predición dinámica de escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo. O obxectivo é predicir cal vai ser o avance da pandemia, co fin de poder anticiparse e poder tomar as medidas de prevención necesarias.
  • A programación de actividades culturais deseñadas pola Área de Cultura da USC no Campus de Lugo sortearon os efectos de pandemia cun estado de saúde óptimo, segundo denotan as estatísticas de público computadas ao longo do exercicio 2020, período no que preto de 6.000 persoas participaron nos distintos cursos, seminarios, ciclos de concertos e demais accións organizadas ou promovidas pola institución académica.
  • O rol dos super-contaxiadores como “catalizadores perfectos” da pandemia por mor da COVID-19, acaba de ser subliñado polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón na revista Science. “Responsabilizar a unha cepa do caos que estamos vivindo é unha enorme simplificación do algoritmo da pandemia”, apuntan os científicos logo de analizar máis de 166.000 xenomas completos do coronavirus.
  • 'Sin piel' é o título da exposición na que a artista Marina Núñez presenta preto de medio cento de obras, tanto pictóricas como videocreacións, que afondan nas relacións do ser humano tanto co medio ambiente como coa tecnoloxía, mostra coa que nestes días a sala Kubo Kutxa de San Sebastián abría a súa programación de 2021. Comisariada pola historiadora da arte Susana Blas, a exposición alude no seu título á 'eliminación da fronteira que nos illa do exterior: a pel'.
  • O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da COVID-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acortado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía.
  • Cal é a orixe do Universo ou como explicar a súa composición presente son algúns dos interrogantes aos que se podería subministrar luz a través do achado das denominadas partículas de longa vida. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) está a traballar no desenvolvemento dun novo detector, CODEX- b, que aspira a identificar este tipo de partículas, especialmente escorregadizas, e preditas en diversos modelos teóricos que van alén do actual Modelo Estándar.