Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o seu simposio anual dedicado nesta edición baixo o lema ‘Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas’ que se desenvolverá de xeito virtual o vindeiro 8 de febreiro. Este foro que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021.
  • Baixo o nome de Dixitou, un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto de análise e prevención de condutas aditivas e de risco da mocidade nas redes sociais. Nel, persoal docente e investigador da Facultade de Educación e Traballo Social e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense suman esforzos para coñecer se o uso das novas tecnoloxías está sendo o máis axeitado por parte da mocidade.
  • A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación de Economía Crítica organizan, integramente en liña os días 4 e 5 de febreiro, as Xornadas de Economía Crítica (JEC), un espazo de encontro aberto que conta xa con tres décadas de traxectoria. Nesta ocasión, as xornadas desenvólvense baixo o lema ‘Emerxencias, Transicións e Desigualdades Socioeconómicas’.
  • A Universidade da Coruña forma parte xa da Red de Unidades de Cultura Científica y de la Innovación (Red UCC+i) da Fundación para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Ciencia e Innovación, como membro acreditado. A pertenza a esta rede contribuirá a potenciar a divulgación e a comunicación da ciencia que se produce no ámbito da UDC. A Universidade ten unha Unidade de Divulgación Científica e Cultural que coordina a profesora Mª Cristina Naya Riveiro.
  • A vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña, presentou este martes, de xeito telemático, a XI edición do programa Explorer “Jóvenes con Soluciones”, unha iniciativa de emprendemento universitario que promove o Banco Santander e dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).
  • Explicar a relación entre literatura e os espazos, e definir a relación entre literatura e actitudes, son dous dos cometidos de A vila imaxinada, o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destinado ao estudantado galego para o seu uso nas aulas, que conta co respaldo da Deputación da Coruña.
  • Os dispositivos móbiles fan que boa parte da cidadanía permaneza conectada en todo tempo e en todo lugar, o que proporciona ás empresas novas posibilidades á hora de comunicarse cos seus potenciais clientes. O márketing móbil baséase nunha comunicación bidireccional entre o consumidor e a organización e caracterízase pola súa personalización, inmediatez, interactividade e adaptabilidade.
  • O impacto da obesidade en eventos trombóticos é o escenario do novo traballo do Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas da USC (CiMUS). O grupo Proteómica de Plaquetas do CiMUS-IDIS, liderado por Ángel García Alonso, en colaboración co de Obesidómica do IDIS- CIBEROBN, dirixido por María Pardo, e o Servizo de Endocrinoloxía do CHUS, acaba de publicar un estudo sobre a reactividade plaquetaria en pacientes obesos que conduce ao descubrimento de vías de activación alteradas nas plaquetas sanguíneas e que incrementan o risco de aterotrombose.
  • A Coruña e a súa comarca quedáronse nesta edición con dous finalistas: Alicia Tojeiro que subiu sete postos na clasificación e alzouse co recoñecemento de mellor profesora española de Primaria e Víctor Arufe que conseguiu o premio ao mellor docente universitario na primeira edición de 2017, e este ano mantense na novena posición en educación universitaria. A particularidade destes premios é que os docentes son nomeados polo seu alumnado e as familias dos seus pupilos.
  • A presentación do libro 'Senderos de la historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural' serviu para homenaxear no Paraninfo ao catedrático de Historia Contemporánea e ex reitor da USC, Ramón Villares, co gallo do seu 70 aniversario. A obra rende homenaxe á figura de Villares como primixenio historiador agrario que desenvolveu dende Compostela toda unha escola de estudos neste eido do coñecemento “sobre bases sólidas e duradeiras”.