Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • Achegarse “á arte de seis mulleres, que desde múltiples linguaxes” formulan nos seus proxectos unha reflexión “en torno a cuestións sociais e de xénero diversas”. Isto é, segundo destaca a súa comisaria, Celeste Garrido, o que propón a XXVII edición da exposición colectiva Voilà la Femme, que desde este martes pode visitarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
  • Un equipo da da USC desenvolveu unha aplicación online froito dun traballo de investigación académica que agora se pon a disposición dos centros escolares de maneira voluntaria. A finalidade desta ferramenta será seguir mellorando o confort térmico nas aulas a través de pautas de ventilación adecuadas que optimizan o tempo necesario de renovación do aire.
  • A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) desenvolveu ao longo do ano 2020 un importante labor na visibilización e extensión do uso da lingua galega que se materializa en máis de 400 accións de promoción do uso social de idioma desenvoltas nas súas entidades, cun importante investimento que ascendeu a máis de 900.000 €, gran parte deles xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
  • A Xunta de Galicia acaba de recoñecer o traballo de oito centros educativos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión que se realizan nos centros docentes así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.
  • O persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na plataforma divulgativa ‘The Conversation’ España (TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización. O acordo selado entre ambas as dúas institucións permitirá o acceso á principal canle mundial de difusión do coñecemento que emana das universidades.
  • En tempos de pandemia e restricións, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti) volve á programación co lema “arte para respirar”. O certame, que celebra este ano a súa 17 edición, traerá este Nadal a diferentes escenarios da cidade 17 representacións de 13 compañías estatais. Con algo menos dun terzo do seu aforo habitual e apostando por uns espazos culturais “seguros”, a cita terá lugar o día 22 e do 26 ao 30 de decembro e un ano máis entre as súas entidades promotoras está a Universidade de Vigo.
  • O último número de 'Sarmiento' xa está dispoñible on-line baixo o título Internacionalismo e pacifismo na historia da educación contemporánea. Este volume 24 da publicación, editada anualmente polas tres universidades galegas e varias homólogas lusas, está coordinado por Xosé Manuel Cid, da Universidade de Vigo, e Joaquim Pintassilgo, do Instituto de Educación da Universidade de Lisboa.
  • Ponte...nas ondas! segue recollendo diversas testemuñas de apoio á súa traxectoria. Escolas, Universidades, asociacións e personalidades de Galicia e Portugal están achegando o seu apoio a Ponte...nas ondas! neste 25 aniversario. Moitos destes apoios forman parte ademais da candidatura coa que, administracións galegas e portuguesas, impulsan a candidatura da asociación para optar á Lista das Mellores Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
  • “A obra, o pensamento e o activismo de Saramago proporcionan múltiples e impresionantes representacións do noso mundo e propoñen diferentes respostas aos problemas que enfrontamos”, salientan os responsables da Cátedra José Saramago (CJS) da Universidade de Vigo no texto de presentación da quinta edición da conferencia internacional dedicada a afondar na obra e traxectoria do Nobel portugués e pola en relación con diversas problemáticas sociais, económicas, políticas ou ecolóxicas.
  • O Concello de Begonte está efectuando xestións coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades e coa Asociación Músico Crisanto, para consolidar e impulsar a acción educativa no Concello, da que van resultar beneficiados os estudantes do concello e zonas limítrofes. Por unha parte, estúdiase a fusión dos dous colexios existentes no Concello -Baamonde e Begonte- nun só, que totalizaría algo máis dun cento de alumnos máis os que poidan incorporarse de zonas limítrofes