Notas
-
A obesidade é un problema de saúde global, que afecta a máis de 670 millóns de persoas e que pode conducir a patoloxías crónicas como diabetes de tipo 2, enfermidades cardiovasculares ou cancro. Trátase pois dun factor de risco de morte prematura que, segundo un estudo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Sidney e da Norwegian School of Sport Sciences, podería verse compensado pola práctica regular de actividade física. -
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este xoves, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a presentación do proxecto Talentos Inclusivos, desenvolto en colaboración con ASPACE Coruña e co apoio do Consello Social da UDC. Esta iniciativa recibiu unha axuda de 30.000 euros por parte da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. -
A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, dará a coñecer as persoas gañadoras dos seus doce premios a comezos do mes de decembro. Neste atípico 2020, por mor das circunstancias sanitarias, a organización do certame substituirá a gala de entrega por un formato dixital . -
A covid-19 obrigou neste 2020 a reinventar Debut, o evento que cada ano permite amosar á cidadanía os resultados do traballo do alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda/Esdemga da Universidade de Vigo. A situación sanitaria impediu a celebración do habitual desfile, pero non ese propósito da titulación da Facultade de Belas Artes de proxectarse na cidade. Con ese obxectivo, este xoves inaugurouse no Museo de Pontevedra Debut 2020. -
Do 18 ó 22 de novembro tivo lugar a Maker Faire Galicia, desta volta nun formato 100% online e dentro dun Museo Gaiás virtual. Os participantes no evento puxeron en valor o innovador plantexamento da organización e a calidade dos contidos que se ofreceron nesta edición. Desde a organización consideran moi relevante o gran salto internacional desta edición, xa que a metade dos visitantes procederon de latinoamérica. -
Esta semana GIRL STEM conversa con dúas expertas no campo dos videoxogos e deportes electrónicos: Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos. As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais. -
O Museo Gaiás acolle as obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. O programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, entre os 16 e os 30 anos. -
O investigador Eugenio Vázquez Sentís, do grupo de química biolóxica do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), participará nun proxecto europeo denominado e- Prot, que busca desenvolver un novo tipo de nanocables condutores da electricidade baseados en proteínas, que poderían ser a base para a fabricación de futuros dispositivos electrónicos sostibles. -
Xatcobeo, Humsat-D, Serpens e Lume-1. A historia recente da Universidade de Vigo non se pode entender sen o traballo que desde hai máis de 13 anos están a desenvolver docentes, investigadores e alumnado e co lograron converter á institución académica viguesa nunha referencia no deseño, fabricación e operación de cubesats, pequenos satélites de 10 cm de arista e masa inferior a 1,33 kg. -
A Cidade da Cultura, transformada nesta ocasión nun entorno virtual en 360 graos, acolle un ano máis a Maker Faire Galicia, que estrea un formato totalmente en liña no que argalleiros e argalleiras de seis países diferentes –España, Francia, Portugal, México, Colombia e o Brasil– presentarán os seus proxectos. A través dunha plataforma dixital que recrea o Museo Centro Gaiás, as persoas asistentes poderán interactuar con makers de todas as idades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- …
- seguinte ›
- última »

