Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • No apartado de Artes Plásticas o primeiro premio foi para Adriana Brantuas Arijón, coa escultura A memoria do baleiro (Santiago de Compostela); o segundo recaeu en María del Mar Ramón Soriano pola súa peza escultórica titulada Desnudo, juego de bolos (Ourense); e o terceiro premio resultou compartido entre Sara Piñeiro Fernández, coa pintura Pandermia —serie magma, simulacións do corpo ubicuo— (Lalín) e María López Quiroga pola obra pictórica Atlas de xeografía cognitiva (Lugo).
  • A entrevista coa enxeñeira galega Begoña Vila inaugura o ciclo de conversas da terceira edición do programa GIRL STEM, derrubando estereotipos, que este ano se transforma nunha acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias impostas pola covid-19, pero tamén para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros de Galicia.
  • A III Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC bota a andar cun programa de actividades para todos os públicos e en liña que poderá seguirse a través da súa canle de YouTube. O relatorio da experta en ondas gravitacionais, Gabriela González, o 10 de novembro, será o acto central dunha semana na que se abordará a Física dende múltiples perspectivas.
  • Un ano máis a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! organiza obradoiros de radio nas escolas e institutos galegos e portugueses. Sendo fieis á súa traxectoria de difusión da radio nos centros escolares como recurso pedagóxico de achegamento aos medios de comunicación, estamos realizando talleres para ensinar e motivar ao alumnado co mundo radiofónico.
  • Co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación, a Universidade de Vigo e o Consello Social acaban de lanzar a segunda edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana, unha iniciativa posta en marcha o curso pasado coa idea de reforzar a función social da universidade pública.
  • A Universidade da Coruña, organiza o Foro Avanza, en edición virtual este curso, os días 10, 11 e 12 de novembro, para axudar ao alumnado a mellorar as súas perspectivas de incorporación no mercado laboral. A vicerreitora María José Lombardía inaugurará as actividades o primeiro día, ás 10h., para dar paso ás diferentes intervencións que explicarán ao estudantado opcións e destrezas para mellorar a súa empregabilidade.
  • A pesar de que as mulleres representan a metade da sociedade e dos avances en igualdade acadados, na actualidade arredor de tres de cada catro postos de control de xestión están ocupados por homes e só un por mulleres. Tendo en conta esta cifra, o pasado ano púxose en marcha desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a xornada Control de xestión desde unha perspectiva de xénero.
  • O Galician Freaky Film Festival ultima os detalles da súa cuarta edición que, dun xeito atípico e inesperado, celebrarase no medio dun estado de alarma que afecta a todo o territorio nacional. Deste xeito, estase a traballar nun novo horario que se anunciará en breve, en canto a Xunta confirme a hora definitiva do toque de queda, xa que pode ser ás 22.00, ás 23.00 ou ás 00.00.
  • Culturalmente, 2020 é en Galicia, entre outras cousas, o ano da celebración do centenario da Xeración Nós. A pandemia interrompeu a programación prevista para homenaxear a este colectivo de escritores e intelectuais referentes na cultura e a lingua galegas. Co obxectivo de non rematar o ano sen unirse a esta efeméride, o campus de Ourense acolle unha exposición e celebrará un concerto do dúo musical italo-galego 2naFronteira, formado por Carmen Penim como voz e Maurizio Polsinelli ao piano.
  • Os Premios Martín Códax da Música Galega celebraron a súa gala, onde un ano máis entregaron as xa famosas estatuiñas das Melómanas aos proxectos premiados, así como o premio honorífico, que recaeu na cantora María Manuela. Música en directo e por suposto referencias á pandemia (tanto en clave de humor como reivindicativa) estiveron presentes no certame organizado pola Asociación Músicas ao Vivo.