Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • No programa participan -en concreto- 16 comedores escolares das catro provincias galegas, así como os catro designados como “Comedores escolares km 0”, que xa estiveron na primeira edición. Este ano estanse tratando de difundir os produtos en todos os ámbitos da comunidade educativa. Así, os profesores reciben fichas didácticas sobre as producións con indicativo que poden incorporar aos programas escolares, os pais e ANPAS son informados da campaña e poden participar dela mediante sorteos, concursos e xogos e, por último, estase a traballar tamén cos cociñeiros e responsables de comedor para tratar de incorporar os produtos aos menús de xeito continuo.
  • A investigación de excelencia e a transferencia de coñecemento en todas as áreas das matemáticas constitúen o eido de actuación do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemáticas de Galicia (CITMAga) que nace como froito da suma de esforzos das tres universidades galegas. UVigo, USC e UDC únense para conformar este novo centro que aspira a converterse nun piar de excelencia científica dentro do ecosistema de innovación e investigación de Galicia, formando, atraendo e retendo talento, “para dotar á sociedade e á industria galega e española de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sostibles a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel”, sinalan dende as tres institucións.
  • A Semana de Cine de Lugo chega á súa 43ª edición cunha carteleira que inclúe 135 títulos e actividades paralelas que se desenvolverán do 20 ao 25 de setembro. Esta 43ª edición da Semana de Cine articularase arredor de once seccións, entre elas unha de Cine Galego que inclúe 22 películas. Tamén haberá Sección Oficial, Xoias do Ano, ciclo Infantil, Cine Documental, A Outra Beira, Cine e Fotografía, As Curtas Cine Son, E para comer Lugo, Cine Nacionalidades e Homenaxes. Paralelamente, prográmanse conferencias, debates e presentacións en diferentes escenarios. Nesta edición a Semana homenaxea ao actor nado en Riotorto Luis Iglesia Besteiro.
  • A Sala Ártika de Vigo desvelou hoxe a programación da súa nova temporada escénica, no marco da que lle ofrecerá ao público 75 actuacións de 33 compañías ata finais de ano. Na programación de setembro a decembro da Sala Ártika inclúense catro festivais e ciclos (II Comediártiko, XXVI Festival Internacional de Títeres Galicreques, circuíto estatal da Red de Teatros Alternativos e VII Festival Pequeártiko de Nadal), cinco estreas absolutas, 20 espectáculos para público familiar e 13 producións para público adulto.
  • O escenario do Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 ten unha cita este venres ás 22,30 horas coa artista Mounqup. Francesa de nacemento pero galega de adopción, Camille Hèdoin, o seu auténtico nome, caracterízase polos ritmos de música jazz, electrónica e folk. Conta con dous discos ás súas costas e está traballando nun terceiro que verá a luz en breve. Ademais, foi a impulsora da recuperación da aldea de Saumede (Ourense) como punto de convivencia cultural onde cada verán xestiona un festival multidisciplinar.
  • Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, presidiron a reunión do Consello Escolar de Galicia, ao que informaron de que o sistema educativo vai contar este curso 2021/22 con todos os recursos humanos e materiais e as medidas necesarias para blindar a seguridade sanitaria dos centros educativos, ao tempo que a calidade e a equidade do ensino. Os centros dispoñen do protocolo para organizarse desde o pasado 9 de xullo e a incorporación dos 1.250 profesores de reforzo do Plan Recupera materializarase no mes de setembro, unha vez se resolvan as solicitudes realizadas polos centros para participar neste programa de recuperación.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou en Madrid na Conferencia Sectorial convocada polo Ministerio de Educación e FP para abordar o protocolo do curso que está a piques de comezar. Á súa saída do encontro, o representante da Xunta destacou que Galicia está preparada e iniciará o novo curso con todas as medidas de seguridade necesarias e máis certezas, grazas á vacinación e á experiencia adquirida no pasado ano académico 2020/21.
  • A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 3 ao 4 de setembro a celebración do encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector. Esta segunda edición quere consolidar a iniciativa e convertela en referente iberoamericano na promoción da cultura urbana como patrimonio cultural contemporáneo desde unha perspectiva anovadora. Con ese obxectivo, desenvolve dúas xornadas de análise, exhibición e creación artística colectiva en clave de xénero arredor da cultura urbana galega.
  • As entradas dos Concertos na fin do mundo xa se esgotaron practicamente nas 4 actuacións previstas ata mediados de setembro en 4 faros galegos emblemáticos no marco deste ciclo incluído na programación do Xacobeo e en colaboración con La Caixa. Para a primeira actuación que se celebrará mañá no faro Cabo Silleiro de Baiona xa se venderon tódalas entradas para desfrutar da música de As Tanxugueiras. O mesmo ocorre co previsto para o 27 de agosto no faro Punta da Barca de Muxía con Dulce Pontes como cabeza de cartel e o do 10 de setembro no Punta Atalaia de San Cibrao de Cervo onde actuará Mikel Erentxun.
  • O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou o comezo da vacinación, a partir do 23 de agosto, do grupo de idade con idades comprendidas entre os 14 e o 16 anos. Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que esta mesma semana se comezarán a enviar as mensaxes de citación aos mozos e mozas galegas desta franxa de idade.