Ir o contido principal
iniciar sesión

Novas

  • O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía botou a andar este mércores baixo o lema ‘A educación en Rede: Realidades Diversas, Horizontes Comúns’ para poñer en valor temáticas como a inclusión, o desenvolvemento e a sustentabilidade. Este foro que foi inaugurado polo reitor Antonio López pretende potenciar a reflexión “sobre realidades que non escapan dos desafíos educativos actuais como o big data no marco dunha sociedade en rede”, apuntan dende o comité organizador. No acto inaugural, tomou parte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; Alejandro Tiana Ferrer, secretario de Estado de Educación; e Mariano Jabonero Blanco, secretario xeral da Organización dos Estados Iberoamericanos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.285. Deles 610 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 279 da de Ourense, 459 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 223 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 41 en hospitalización e 2.234 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.929 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.136. Deles 597 son da área da Coruña, 230 da de Lugo, 254 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 359 da área de Vigo, 209 da de Santiago e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 42 en hospitalización e 2.083 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.849 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 145º pleno do Comité Europeo das Rexións que rematou este xoves e tivo ocasión de debater co vicepresidente da Comisión para a Promoción do Modo de Vida Europeo, Margaritis Schinas, sobre A promoción dos valores europeos a través da cultura e da educación. Neste ámbito, o director xeral reivindicou o papel do Xacobeo 21-22 e do Camiño de Santiago, como elementos fundamentais para a transmisión dos valores culturais europeos e para a construción da identidade europea actual.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou dun novo investimento de máis de 10 millóns de euros para os programas integrados de emprego, subliñando que a medida, dirixida a entidades locais, xuntas ou agrupadas, e a organizacións con personalidade xurídica sen ánimo de lucro, inclúe 40 programas dirixidos cada un a 100 desempregados, co fin de reforzar as súas competencias fronte ao mercado de traballo. Nesta ocasión, a partida elévase un 20%, dos 8,4 aos 10 millóns de euros. No tocante aos requisitos, os beneficiarios terán que garantir unha inserción laboral mínima do 35% dos participantes.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.837. Deles 544 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 199 da de Ourense, 321 da de Pontevedra, 297 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 78 da de Ferrol. Do total de positivos, 10 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.648 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.673. Deles 512 son da área da Coruña, 206 da de Lugo, 168 da de Ourense, 262 da de Pontevedra, 285 da área de Vigo, 164 da de Santiago e 76 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 44 en unidades de hospitalización e 1.619 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.554 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
  • A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.579. Deles 499 son da área da Coruña, 193 da de Lugo, 170 da de Ourense, 238 da de Pontevedra, 256 da área de Vigo, 153 da de Santiago e 70 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 1.527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.486 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
  • A Xunta ven de activar oficialmente a súa plataforma dixital de núcleos rurais en estado de abandono, unha ferramenta novidosa prevista na Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas para loitar contra o despoboamento e reactivar estas zonas da Comunidade. A plataforma está dispoñible desde hoxe, se ben polo momento, tan só ofrece información relativa a inmobles localizados en Sober, o concello escollido para realizar a experiencia piloto de lanzamento. Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou municipio lucense para presentar a iniciativa e animar ao resto de entidades locais galegas con núcleos rurais en situación de abandono a sumarse e seguir o exemplo de Sober, concello pioneiro en canto ao uso e aproveitamento desta nova ferramenta dixital co obxectivo de atraer poboación.
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, compareceu a petición propia na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia. Na súa comparecencia sinalou que a presente campaña de verán permite incidir en tres aspectos moi beneficiosos como son: a conciliación, o ocio responsable e a creación de emprego no sector do tempo libre. Cifrou en 650 os contratos asociados a esta campaña durante o ano pasado e destacou que a Xunta de Galicia segue fortalecendo esta oferta como fixo o ano pasado, a pesar da crise sanitaria da covid-19. Neste sentido, lembrou que Galicia foi das poucas comunidades que mantivo estas actividades durante o verán do 2020 cun moi bo resultado, xa que non se rexistrou ningún caso positivo. Así mesmo, fixo balance da oferta da campaña deste ano, que ten como lema ‘O verán que mereces’, e no que se ofertarán un total de 7.800 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e intercambios con outras comunidades. Trátase de mil prazas máis que o pasado ano.