Notas
-
O venres retiráronse dos corredores do Pazo de San Marcos os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo nomeados durante a ditadura de Primo de Rivera e tras o levantamento militar do 1936 e a posterior ditadura. -
O equipo do filme Cuñados, primeira longametraxe de ficción da produtora galega Portocabo, presentou o inicio da súa rodaxe, que dará comezo a semana que vén e se desenvolverá integramente na cidade de Ourense e noutros puntos da provincia. A Xunta de Galicia cofinancia a película cunha achega de preto de 260.000 euros.
-
As reservas dos grupos Cero negativo e A positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue. Desde ADOS convídase a continuar amosando neste período vacacional o carácter solidario dos cidadáns de Galicia para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de agosto, así como no resto do período estival.
-
A Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña presenta para esta edición un formato dual que combinará actividades presenciais con diversos contidos deseñados exclusivamente para a rede. O festival inspírase no programa de referencia para a comunidade do cinema experimental 'Screening Room', emitido nos anos 70, para crear un dos seus formatos online estrela desta edición: 'Camera Obscura'.
-
Vilagarcía voltará a encherse de risas e espectáculo nunha edición que durará toda unha semana para gardar as debidas precaucións que marcan as autoridades sanitarias, e como aseguran dende a organización “Os espectáculos e festivais están mudando coa pandemia, a nova normalidade altera a interacción co público que tanto define ao clown, pero temos experiencia e solvencia suficiente como para adaptarnos e reinventarnos sen perder a nosa esencia.” -
O Gaiás anima ás familias a gozar dun 'Agosto monicrequeiro' con tres das mellores compañías galegas
O Gaiás anima ás familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19,00 horas. A entrada é de balde, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19. -
O Noroeste Estrella Galicia reformúlase pola COVID e volta á orixe cunha aposta polas bandas galegas
En 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Este ano marcado pola pandemia o Concello da Coruña optou por manter a cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes. -
Despois duns meses marcados pola incerteza, parece que hai feixes de luz que insisten en abrirse camiño. Un deles é o 17° Ribeira Sacra Festival, que celebrará unha cuarta edición máis íntima, máis próxima, esta fin de semana na Ribeira Sacra. Unha cita na que cada vez a música comparte maior protagonismo coa contorna, buscando proporcionar ao público unha experiencia única, cun formato diúrno e o feito de estar en espazos incribles que se saen do común: adegas, miradoiros, catamarán e as actividades incluídas dentro do Festival. -
Vén de publicarse a relación de centros participantes no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE). Un total de 32 centros participarán o vindeiro curso nesta iniciativa, a través da que o alumnado de centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade pode preparar as probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas (EEOOII) dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas. -
Científicos das tres universidades galegas elaboraron máis de 150 propostas de investigación na procura de solucións directas fronte a Covid-19. Nun acto celebrado no Colexio de Fonseca, a Real Academia Galega de Ciencias premiou vinte destes proxectos de investigación (9 da USC, 7 da UVigo e 4 da UdC), financiados por diversas institucións como o Instituto de Saúde Carlos III, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Fondo Supera-Covid, a Fundación Amancio Ortega, Sergas, Tragsa, Augas de Galicia e EdardeBens, realizados nas tres universidades galegas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- …
- seguinte ›
- última »

