Notas
-
“Necesitamos manternos alerta, manter a tensión”, afirma o profesor da USC e epidemiólogo, Francisco Caamaño Isorna. Na situación actual marcada por numerosos rebrotes da COVID-19 que se espallan non só por Galicia, senón por todo o territorio español, a máscara facial eríxese nunha ferramenta chave para conter o avance da pandemia e non dar pasos atrás na situación de ‘nova normalidade’. -
A escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2020/2021 con 8.200 nenas e nenos con praza, o que supón o 76% das 10.800 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 300 admitidos menos que no presente curso. A listaxe definitiva pódese consultar nas páxinas web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na da Consellería de Política Social. -
O cometa Neowise que foi descuberto a finais do pasado marzo e fíxose visible a primeira ollada nos amenceres dos primeiros días de verán, pode verse agora nas primeiras horas da noite, unha vez que xa pasou polo punto de mínima distancia ao Sol (perihelio). “A mellor referencia para localizalo é o Carro da Osa Maior. O mellor momento para velo é entre unha hora e hora e media despois da posta do Sol. O seu período orbital en torno ao Sol é de aproximadamente sete mil anos. -
As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. -
O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira acaba de ser recoñecido co primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O premio recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, “cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles”, a través de libros, prensa escrita, radio e televisión, ademais da organización de todo tipo de actividades para o gran público. -
Os novos valores do cine lugués déronse cita no auditorio municipal Gustavo Freire no marco da gala do V Findecurta, un maratón audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural no que tomaron parte máis de 70 persoas, agrupadas en sete equipos que concorreron ao certame con outras tantas curtas de novo cuño. Unha vez rematada a proxección das sete curtas completadas durante a última edición do maratón audiovisual Findecurta, o xurado deu a coñecer o seu fallo. -
A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’. -
O pintor noiés Alfonso Costa propón unha reflexión profunda sobre o proceso creativo e a condición humana a través dos seus traballos dos últimos anos. Partindo do impacto causado polo desastre de Fukushima en 2011, cada un dos lenzos que integran a mostra ‘Dentro do tempo’ convértense nunha metáfora pictórica sobre a transformación que o ser humano foi sufrindo a medida que a sociedade e a tecnoloxía avanzaron. A exposición inaugurouse este xoves no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. -
La Asociación Castaño y Nogal elevó el pasado 23 de junio un informe al Grupo de Trabajo sobre “Reactivación Económica” del Congreso de los Diputados con la identificación de 12 problemas y 18 propuestas integradasque serán remitidas a los grupos parlamentarios que componen la Comisión. El documento ya fue publicado en la web del Congreso y puede consultarse en el enlace <a href="https://bit.ly/2Yq1t75" target="_blank"><u>https://bit.ly/2Yq1t75</u></a>. -
Este dato refírese ás 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes convocadas para os corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de profesores técnicos de formación profesional, e de inspectores de educación. O procedemento selectivo celebrarase en 2021.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- …
- seguinte ›
- última »

