Ir o contido principal
iniciar sesión

Notas

  • O XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) botou a andar este martes para compartir experiencias e boas prácticas en materia de igualdade no ámbito universitario. Este encontro anual das unidades de igualdade das 52 universidades españolas que integran a rede RUIGEU, celébrase por primeira vez, e por causa da pandemia da COVID-19, en formato virtual, sendo a USC a universidade anfitrioa.
  • Fomentar o emprendemento para crear empresas de economía social que melloren a calidade de vida da sociedade, é a meta da nova aceleradora de proxectos que acaba de ver a luz na USC. Esta iniciativa está dirixida a estudantes e futuros emprendedores que poderán mellorar as súas competencias e reducir o tempo de posta en marcha dos seus proxectos. A inscrición para tomar parte na aceleradora pode realizarse en liña ata o 24 de setembro.
  • A priori, a actual situación económica derivada da pandemia da covid-19, non semella o mellor momento para comezar a busca activa de emprego. Pero como case todas as situacións adversas, esta tamén pode supor unha oportunidade para formarse, coñecer as novas necesidades dun futuro mercado laboral da era pos-coronavirus e mellorar a formación. Con esta idea, a Universidade de Vigo pon en marcha os Xoves Empregables, unha serie de seminarios web cunha periodicidade mensual.
  • O ciclo, promovido polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, celebrará tres concertos de 20 minutos en tres balcóns emblemáticos da nosa comunidade onde Susana, en solitario, repasará pezas significativas do noso patrimonio. A primeira cita será en Ribeira, o venres 11 de setembro, ás 22.15 h. Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos.
  • A colaboración que mantén desde hai anos a comunidade do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) da USC co Instituto Europeo de Educación de Aventura ao Aire Libre e Aprendizaxe Experiencial (EOE Network), unha rede internacional na que participan, entre outros profesionais, profesores, educadores, traballadores sociais e xuvenís, así como estudantes, ofrece tamén unha importante proxección internacional á Facultade de Formación do Profesorado.
  • A USC aposta polas burbullas creativas, espectáculos de temática diversa e aforo reducido, para sortear sen riscos as limitacións derivadas da pandemia causada pola COVID-19 e dar continuidade así á ampla oferta de actividades culturais que, ano tras ano, achega á sociedade luguesa da man do convenio Lugo Cultural, no que a institución académica participa xunto co Concello e a Deputación Provincial de Lugo.
  • A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2021 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de 1527 institucións pertencentes a 93 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 50 institucións españolas. A proxección internacional é o aspecto mellor valorado da USC, seguido do impacto das súas citas e da transferencia de coñecemento.
  • A convocatoria establece dúas modalidades de participación, unha para centros e outra para docentes. Dentro destas modalidades establécense dúas categorías, unha para escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria e outra para centros públicos integrados e institutos de educación secundaria, todos eles centros públicos dependentes da Consellería.
  • No escenario excepcional da praia de Pantín, o certame celebra a súa 33 edición ata o día 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaíntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.
  • A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada por Museo do Pobo Galego, presentou hoxe a programación da súa décimo quinta edición, que finalmente terá lugar do 25 ao 29 de agosto tras o seu adiamento o pasado mes de marzo uns días antes da declaración do estado de alarma. Preséntase agora nun novo formato mixto, adaptado á situación, na que combina proxeccións e actividades paralelas tanto presenciais como en liña.