Notas
-
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, impulsa do 2 ao 6 de maio o foro 'DIS2022: XXIX International Workshop on Deep-Inelastic Scattering and Related Subjects'. Máis de 300 persoas de 31 países que traballan no eido da física de altas enerxías, daranse cita neste evento de traxectoria consolidada en diferentes países e que chega este ano á súa edición número 29, só interrompida en 2020 por mor da pandemia. -
A Aula de teatro universitaria do campus de Pontevedra estreouse na XXIV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo. Para a súa primeira posta en escena escolleron a obra Nosa Señora das Nubes, unha dramaturxia dirixida por Salvador del Río na que se abordan principalmente dous temas: a memoria e o exilio. -
Baixo o nome Os sons da Pedra. O ronsel do Mestre Mateo, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC en colaboración co grupo de investigación Organistrum programa para estes días un compendio de actividades académicas e culturais cara á difusión do patrimonio instrumental proxectado na pedra polo xenio galego. A iniciativa apóiase nos traballos de construción en madeira dos instrumentos do Pórtico desenvolvidos entre 1990 e 1993. -
O tratamento do mal na súa obra; a súa relación coas temáticas da Idade Media; a representación visual das súas historias e o uso das runas e o seu legado, foron os temas centrais do seminario Tolkien in the 21st Century, que acolleu o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo. Organizado polo Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da FFT, a sesión xurdiu dun interese persoal de investigación do docente deste departamento Jorge Luis Bueno. -
Científicas, directivas, enxeñeiras e investigadoras serán as protagonistas do I Seminario da Cátedra de Transición Enerxética Genesal Energy, que se celebrará o próximo 4 de maio na USC baixo o título 'Mulleres STEM e Transición Enerxética: acelerando o cambio cara á sustentabilidade'. Trátase da primeira actividade académica que organiza esta Cátedra institucional creada o pasado mes de decembro pola institución universitaria e Genesal Energy. -
No mundo virtual, os conceptos do real e do verdadeiro 'son complexos de discernir e desde a arte podemos sinalalos e criticalos', salienta o artista e alumno da UVigo Daniel Cerecedo, que presenta nestas semanas na galería La Doce de Boiro Chatroom, un proxecto expositivo no que reflexiona sobre a 'dicotomía público-privado', dous conceptos tamén, sinala, 'de difícil distinción no mundo virtual'.
-
O Center for World University Rankings (CWUR) mantén a USC entre as 500 mellores universidades do mundo ao situala na posición 472, logo da análise de 19.788 institucións avaliadas e clasificadas segundo o seu desempeño académico. O rendemento investigador e a empregabilidade son os dous aspectos mellor valorados da USC, na posición décimo segunda de entre as institucións españolas recollidas nesta clasificación. -
O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). -
A UVigo lanza este curso a I Feira internacional EmpregoinCampus con presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto aos titulados e tituladas e aos estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias. Serán feiras por ámbitos, nas que se combinará o formato presencial -con postos das empresas e un programa variado de actividades nas diferentes escolas e facultades- co virtual, facilitando tamén a asistencia en liña. -
O FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Ata o vindeiro domingo, o FIV acollerá un dos carteis máis completos que se lembran, volvendo á súa orixe, formando parte de apertura da tempada de festivais. Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas que completan a experiencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »

