Notas
-
Unha obra que propuña unha reflexión sobre o feminismo e sobre a situación da muller no século XXI abriu no Pazo da Cultura a XIII Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, que recuperaba a súa actividade tras doce anos de interrupción. A Aula de Teatro da USC foi a encargada de inaugurar este ciclo teatral promovido pola UVigo coa colaboración do Concello. -
Investigadores da USC e da UVigo lograron desenvolver un código baseado no concepto de ‘xemelgo dixital’, co que predicir a evolución de doenzas como a COVID-19 a curto, medio e longo prazo. Así, a través dunha simulación virtual poden observar como tería sido a evolución da pandemia no caso de non ter adoptado distintas medidas, tanto de maior control como de relaxación. -
Do 1 ao 16 de maio a cidade de Ourense acollerá a celebración da 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). A cita contará nesta edición con 17 espectáculos de compañías e aulas de teatro universitarias de catro países, destacando na programación actuacións como as de Leo Bassi e Pepe Viyuela. -
A Universidade da Coruña retoma coa edición deste ano do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña o camiño cara a normalidade. Aínda que este ano o FITEUC terá un formato máis reducido, desde a vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte esperan que o próximo curso se volva a un festival coa participación de universidades como as de antes da pandemia. -
A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade. -
Convocado o IV Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que este ano se centra na figura do poeta, articulista, tradutor, editor, activista cultural e político no exilio Florencio Delgado Gurriarán. O obxectivo do certame é estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, reforzar a lectura de poesía nesta lingua ou o achegamento ao mundo da edición, da tradución e da cultura galega en América. -
O Encontro Universitario de Danza da USC regresa ao Vello Cárcere de Lugo na súa vixésima edición coa presentación os días 21 e 22 de abril de catro intervencións artísticas interpretadas polos integrantes das compañías Danza USC-Compostela e Danza USC-Lugo, ligadas ao Espazo de Danza da USC e das formacións SanTango e D-ou-tras, da Universidade de Vigo. -
A segunda edición de Instagrammers no Camiño pechouse duplicando os impactos da primeira, con máis de 27 millóns de impactos conseguidos a través das máis de 400 publicacións realizadas polos seis instagrammers que participaron. Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño, e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes nesta ocasión. -
A vixésima oitava edición do Festival de Teatro Universitario, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, reúne no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo cinco compañías universitarias do 18 ao 30 de abril no marco dun ciclo no que o público presente poderá participar en coloquios cos actores e actrices ao remate de cada función. -
A 23ª edición desta iniciativa musical destinada a promocionar novos valores da música Celta, será o primeiro concurso que acolla a renovada web do Festival. O Concello de Ortigueira tamén enfocará nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Renovará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 20 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »

