Notas
-
A normativa, as solucións, os retos e ameazas no campo da seguridade dixital no teletraballo centrarán a segunda edición de CyberSec@GAL, o evento referente da ciberseguridade en Galicia. Organizado pola Cátedra R en ciberseguridade, é froito da colaboración entre as universidades de Vigo e A Coruña, a empresa R e o CPEIG. -
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega poñen en marcha a actividade “Encontros con Profesionais TIC”, unha serie de xornadas online entre rapaces e rapazas e profesionais TIC, no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas entidades e enmarcado na Axenda Dixital de Galicia 2020. -
Un total de 102 centros educativos de Infantil e Primaria de toda Galicia −25 de nova incorporación e outros 77 que renovan a súa continuidade− participan neste curso no programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar, desde a biblioteca escolar, un espazo creativo de aprendizaxes no que o alumnado poida experimentar e investigar con todo tipo de recursos. -
Vense de constituír o Foro de Reactivación do Deporte Galego como espazo de deliberación, análise e proposta de actuacións para o sector deportivo de Galicia no contexto posterior á crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo do foro será a análise das medidas de actuación que, desde os distintos ámbitos materiais afectados, poidan formularse para establecer un marco de recuperación sostible do sector deportivo galego. -
O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) organiza, co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, as xornadas “Arredor de Carvalho Calero”. Con esta actividade, inicialmente prevista para o mes de abril, o grupo quere incidir “na divulgación da figura e da obra do profesor Ricardo Carvalho Calero, referencia cívica e intelectual da Galiza do século XX”. -
A maior lanparty de Galicia logrou sortear a pandemia con éxito, xa que as máis de 50 actividades organizadas tiveron un seguimento notable entre os afeccionados que se sumaron ao evento desde as súas casas. A participación nas sesións formativas e nos concursos de arte dixital, software libre e hardware, ou nas competicións de xogos, superaron as expectativas dos organizadores. -
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e Persépolis, fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición 'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás'. -
Arranca en Laxe a nova proposta dos Bolechas, 'Xornadas en igualdade', unha ambiciosa xira que levará a mensaxe da igualdade e a prevención da violencia de xénero a varios municipios galegos. A actividade desenvólvese en dous días: o primeiro os Bolechas se achegan para saudar á cativada e o segundo, a través dunha función, lanzarán a mensaxe da importancia que ten facermos un mundo máis xusto e igualitario. -
O luns 19 de outubro celebrarase a terceira edición das Xornadas: Olladas á Antigüidade, organizadas cada curso académico pola profesora e decana da Facultade de Historia do campus de Ourense Susana Reboreda. Nesta edición, a cita leva por título Mulleres con nome propio co obxectivo de pór o foco en personaxes femininos destacados do pasado e por primeira vez, atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, desenvolverase de xeito virtual, non presencial. -
A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir deste todo o mundo, o que fará posible fortalecer os valores diferenciais da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 92
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- …
- seguinte ›
- última »

